As Capelas da Parroquia

Capela de San Nicolás

Os datos que temos da fundación case se reducen a unha lapida fundacional que se conserva na parede sur-oeste a altura do presbiterio da actual capela. O testo da mesma é como segue: “Hicieron por su devoción el cura D. Amaro Pardo y veciños esta hermita a san Nicolás y san Lorenzo. Domingo y Antonio Pardo. Y Lorenzo de Castro e Isidro do Vilar, donaron una anega de pan de renta perpetua según consta en el libro de Fábrica de esta parroquia.1693.”

 

Capela da Inmaculada Concepción de Xestoselo

Esta Capela está dedicada a Purísima Concepción de María, cuxo dogma fora definido polo Papa Pío IX en 1854; e tamén a Virxe de Lourdes, advocación moi recente naquel tempo. Xa que, en 1858, a Virxe María apareceuse a unha rapaciña, Bernardita Soubirous, na aldea de Lourdes, situada no sur de Francia. Foi fundada polo sacerdote Xosé Mª Teijido Calvo.

 

 

Capela de Nosa Señora de Fátima en Corvite de Abaixo

O día 15 e agosto de 1953 inaugurouse a capela da Virxe de Fátima, Santa María Goretti e San Adrián no barrio de Corvite de Abaixo. Foron fundadores dous irmáns sacerdotes D. Caetano e don Benxamín Prieto Rosende, veciños dese barrio, onde tiñan nacido a finais do século XIX.

Mirar ao pasado non é nostalxia, é pensar con fondura o futuro. A historia da nosa parroquia véncellanos ao patrimonio dos nosos antepasados e lévanos a coidar de todas as cousas para que os futuros veciños desta parroquia se sintan orgullosos da súa terra e das súas xentes.