A parroquia de San Pedro de O Buriz pertenece ó Concello de Guitiriz (Lugo), e está situada ao norte do mesmo. Dista da súa capital, Guitiriz, uns 11 kilómetros. Forma un cuadrilátero de aproximadamente 6 x 5.5 kilómetros, e ten unha extensión total de 33 km2. Está formada polas seguintes aldeas: A Abeleira, O Buriz, Bustelo, A Cancela, Campoverde, Carelo, Corvite de Riba, Corvite de Abaixo, A Costeira, O Curralvello, A Fontecribo, O Forno, A Graña (aquí está a igrexa), O Grueiro, A Lagoa, As Mezoiras, A Mouteira, O Pedrazón, A Penagrande, As Penas, O Penediño, O Penedo, O Portelo, Rebordelo, A Revolta, Riotorto, Rosende, San Cibrao, O Sandiño, O Vilariño, Xestoselo, Xiá.