Inaugurada a Ruta da Pedra en homenaxe a Díaz Castro, que remata na parroquia de San Pedro do Buriz.
"Desde aquí, a casa natal de Díaz Castro, situada na parroquia guitiricense de Os Vilares, partirá a Ruta da Pedra. Recuperaranse e sinalizaranse 6 quilómetros de vellos camiños ata a parroquia de Buriz, pasando por lugares que serviron ó poeta como inspiración para escribir Nimbos, a súa única obra, pero moi influinte para a literatura galega".